A maior operación de salvamento no Atlántico

A maior operación de salvamento no Atlántico
10 de Decembro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O Monserrat sufriu unha grave avaría na súa máquina en agosto de 1970, quedando á deriva no Atlántico con todos os sistemas do buque inutilizados. Saíra de La Guaira en Venezuela o 3 de agosto de 1970 con 630 pasaxeiros e 180 tripulantes rumbo a Tenerife, onde faría escala antes de continuar ata Vigo e finalizar travesía en Southampton. A avaría produciuse nun punto intermedio entre o Caribe e as Canarias,a unhas 1500 millas de terra. Foi a maior operación de salvamento do océano Atlántico.

Fotografía Exponav

O Begoña interveu directamente no salvamento dos pasaxeiros. Situouse a uns 180 metros do buque avaríado que ondeaba ao ritmo da forte maruxía. Ambos buques verqueron fuel ao auga para axudar a calmar o forte oleaxe. Na operación utilizáronse dúas lanchas de motor e os dous botes salvavidas. O transbordo necesitou de moitas viaxes e durou unhas cinco horas e media. Para recoller todo o equipaxe de man e rematar a faena necesitaron dous dias máis. O Begoña volveu para Tenerife e o Monserrat saíu remolcado cara un porto americano. Os planos do Monserrat realizados en Astano en 1965 amósanse nunha exposición no Kiosco Alfonso da Coruña. 

 

 

Imaxe do Begoña a reparar en Astano en 1973. Fotografía Exponav

Sociedade

Publica o teu comentario agora