Mais de 100 xogos tradicionais galegos tomarán o recinto Manuel Vila de Muimenta o 6 de xuño

Mais de 100 xogos tradicionais galegos tomarán o recinto Manuel Vila de Muimenta o 6 de xuño

26 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Muimenta xogará como antano. As formas tradicionais de entretemento substituirán, a lo menos por un día, ás consolas de última xeración ou aos deportes maioritarios xa que o vindeiro 6 de xuño celebrarase no Recinto Manuel Vila López a II Festa de Xogos Tradicionais, organizada pola Asociación de Xogos tradicionais de Muimenta (Xotramu) e que conta coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, dirixida polo na

Na súa intervención, o responsable da área de cultura provincial, Antón Bao, afirmou o compromiso da Deputación “con Asociacións como a Xotramu, cuxa labor de recuperación de aspectos culturais específicos do noso país é importante para que todas as xeracións, sobre todo as novas, teñan a posibilidade de coñecer de primeira man os xogos tradicionais”.

Bao valorou positivamente a actividade que leva a cabo esta asociación muimentina ao cualificar de “moi exitosa” a súa tarefa, “porque nos permite potenciar este tipo de xogos, que son parte do patrimonio deste país, xa que forman parte da nosa cultura material e inmaterial, ademais de potenciar elementos identitarios”. Para o nacionalista será importante a participación da xente nova, xa que “é unha semente para a conservación deste tipo de cultura da nosa terra”.

Pola súa banda, o presidente de Xotramu, Manuel Vila López, considerou que “eventos como este son moi bos para levar a cabo unha defensa da nosa cultura, tanto desde un punto de vista patrimonial como identitario, ademais de contribuír con outros aspectos, mesmo coa lingua”. A continuación, Vila, xunto con Sofía Crecente, estableceu os propósitos da asociación, “que non so pasan por facer só estas actividades, que se celebrarán todos os anos o primeiro domingo de xuño, senón que tamén estamos a levar adiante unha tarefa de promoción en colexios e festas de Lugo”.

Participación dunha Asociación de xogos tradicionais de Euskadi

Foi o tesoureiro de Xotramu, José Lombardero, o encargado de anunciar as diferentes actividades e xogos que se desenrolarán na festa, que comezará o domingo 6 de xuño contra as 11.00 horas.

Entre as principais novidades estará a presenza da Bizkaiko Herri-Kirol Federazioa, que achegará diversos xogos vascos, como os harrijasotzailes, que son levantadores de pedras; os aizkolaris, cortadores de troncos con machado, así como xogos da zona de Iparralde (país vascofrancés), como o ungudea, que é o levantamento de bigorna; a lasto Altzatzea, lanzamento de fardo, ou os trontzalaris, que é o corte de troncos con serra.

40 campos de xogos e 15 obradoiros    

Para que os pequenos e os maiores desfruten coas vellas formas de entretemento, o recinto Manuel Vila López dividirase en 40 campos nos que se disputarán mais de 100 xogos diferentes. Pero tamén haberá 22 postos de exposicións de xoguetes e xogos e 15 obradoiros de creación dos mesmos.

Outra das novidades será a participación dunha asociación portuguesa que amosará cómo se xoga á Virala Vara e A Patela. Pero tamén haberá espazo para os galegos como o da Porca, O Palmo, A torada, así como o tiro con escopetas de Madeira. Outro dos puntos fortes será a demostración de A Bugalliña, no campo número 10, que é un xogo realizado en exclusiva por mulleres e que, a día de hoxe, soamente se xoga no Concello ourensá de Carballedo de Avia. Por outra banda, disputaranse varios campionatos de birlos e o Aberto de Billarda “Filloa 2010”.

A participación e a entrada será de balde e non fai falta inscrición previa. Tamén haberá a posibilidade de xantar no mesmo recinto, xa que haberá menú especial de 10 euros.

Cultura