Mal sabor de boca

Mal sabor de boca
12 de Novembro, 2018 - 01:05 h. | Publicada por Radio Fene

Con mal sabor de boca saiu o Barallobre do campo do Ramo. Venceu 4 a 1 ao Rápido de Neda pero os tres puntos non chegaron para clasificarse para o grupo 3 A da Segunda Galicia de fútbol. “Se a liga durara duas ou tres semanas máis pode ser que melloraramos os resultados porque o grupo empezou tarde e con xente nova” sinala o técnico do Barallobre Óscar Varela.

 

ESCOITA O PODCAST:
S.D.Barallobre. Segunda Galicia de fútbol. 10 de novembro de 2018

Dous goles de Pereiro, un de Iago e un de Sergio certificaron a vitoria do Barallobre. O equipo do Ramo fixo os deberes pero o Cebarca e o Narahío tamén gañaron os seus partidos e en consecuencia o conxunto de Oscar Varela non logrou a clasificación para o grupo 3 A da Segunda Galicia de fútbol. Dentro de quince dias empezará a liga do grupo 3 B.

Seguro que che interesa
Deportes

Publica o teu comentario agora