Mala fortuna para os equipos de Fene

Mala fortuna para os equipos de Fene

19 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por

Caeu o Cultural Maniños no Pote, fronte ao Meirás por un resultado de 0-2. Na primeira autonómica tamén o Perlío perdeu na sua visita ao Orillamar por 2-1 e sigue último da táboa. Na terceira Autonómica, a SD Barallobre volveu do encontro co Somozas B cun 2-1 no marcador.

Cultural Maniños

O adestrador Nesy Otero que non soe meterse co labor arbitral, non puido nesta ocasión resistirse a facelo. O adestrador do Maniños non lles reprocha a expulsión dun xogador seu, pero sí que o árbitro non tratase a todos igual e non utilizase os mesmos criterios para un e outro equipo.

Perlío

Gonzalo Beceiro  atribúe á mala racha de lesións, parte da derrota, porque o Perlío saíu ben e na primeira parte tiveron moitas ocasións, chegando ao descanso 0-1. Pero na segunda quizás sairon moi concervadores o que sumado á lesión de Alvarito, influíu no resultado. E non digamos o nerviosismo e as presas do final.

SD Barallobre

Para pechar a mala fortuna desta última xornada, o Barallobre, na 3ª autonómica, tamén voltou derrotado do encontro co Somozas B, por 2-1.  Ao descanso o Somozas xa gañaba 2-0. O Barallobre saíu a tope na segunda parte e marcou o 2-1 no minuto 15. A mágoa foi que fallou un penalti no minuto 26 . 

Sociedade