Malasombra representa o western clínico O dia do pai

Malasombra representa o western clínico O dia do pai

26 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A compañía Malasombra achega este sábado ao escenario do Multiusos de Redondela a obra de teatro “O día do Pai”. Un espectáculo que os seus autores Gabriel Olivares y Ana Graciani definen como “un western clínico”. Unha delirante comedia onde se nos presenta un tema de actualidade: a reproducción asistida, vista dende a ollada masculina.

Dirixida por Marcos Orsi e protagonizada por Pablo Alvarado, Alberto Rolán, Jouse García e Xoque Carbajal, o argumento xira en torno a tres homes que son convocados por Manuela, unha muller con quen tiveron unha relación sentimental nun momento das súas vidas. Unha vez na clínica de reproducción asistida comunícaselles o obxectivo da reunión: deben decidir quén sería dos tres o máis axeitado para ser o doante de seme que fecunde a súa ex parella.

Un dos actores, Xoque Carbajal, suliña que a actualidade do argumento logra conectar plenamente co público e lembra o bo estado de saúde no que se atopa o teatro galego, cun incremento importante no número de espectadores ao longo do pasado ano. Un feito que ao seu entender responde as características específicas do teatro como espectáculo diferenciado doutras alternativas de ocio, como poida ser o cine.

O prezo das entradas para a obra do sábado é de 4€ para o público en xeral e de 2€ para os xubilados e estudantes. A representación darán comezo ás 20.30 horas e forma parte da programación da Concellería de Cultura dentro do programa Teatrarte 2009.

Cultura