A mallar o trigo en Ardemil

A mallar o trigo en Ardemil

05 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

A Asociación Cultural Castro da Croa, coa colaboración do Concello de Ordes, organiza esta fin de semana a tradicional Malla de Ardemil. O cumio da festa será o sábado coa malla do trigo. Xunto a este proceso etnográfico paralelamente haberá unha feira de anti­guedades, que inclúe unha con­centración de tractores novos e unha exposición de coches anti­gos, motos, motores antigos de mallas (a gasolina e diésel).

A Festa da malla de Ardemil (Ordes) arrinca este venres cunha degustación de touciño arrufada de música. Ás doce do mediodía do sábado chega o momento máis agardado, a malla. Outro atractivo do día será a mostra de tractores e vehículos antigos. A música correrá a cargo do grupo Maldados e a xornada pecharase coa actuación do Dúo Tajú. O derradeiro día, o domingo 8, desenvolverase unha concentración de tractores, coches, motos e demais vehículos antigos aderezado todo de boa música.

A parroquia de Ardemil tamén celebra este sábado e domingo a súa “Feira de cans de caza ”, un dos eventos máis consolidados no concello. O recinto ferial do Mesón do Bento acollerá este evento. O sábado terá lugar o VI “Campeonato de rastro”, na modalidad de xabarín, puntuable para a Copa Federación e a final do Campionato de caza de perdiz con can, e premios para os cazadores. O día grande será o domingo, coa “Feira de cans de caza”, con premios para as mellores camadas de caza maior e menor de perdiz e coello. Haberá también unha exposición de cetrería e stands de caza, taxidermia, gastronomía e degustación de balde de xabarín.

Sociedade