Mamá Cabra adiántase aos Reis Magos

Mamá Cabra adiántase aos Reis Magos

26 de Decembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O Auditorios do Colexio La Salle de Compostela albergará o día 2 de xaneiro un concerto de Mamá Cabra, o grupo de música infantil que mestura poesía,pezas do folclore e temas propios, cun enfoque lúdico, participativo e didáctico. O prezo da entrada ao concerto é de 2 €.

Mamá Cabra son un grupo de música infantil formado por músicos que tocan de todo: batería, percusión tradicional, frautas e gaita, baixo eléctrico, acordeón, guitarra eléctrica e voz. O seu espectáculo xurde coa intención de renovar as panxoliñas.
Unha creación divertida e orixinal para celebrar en familia estas festas tan entrañables.  

Sociedade