ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Mamá Cabra decidiron renovar o repertorio de panxoliñas na súa nova obra, Xa me tardan estes magos. “Aínda que nos gusta cantar os temas de sempre, había necesidade de ter outros novos”, explica a vocalista da banda, Gloria Mosquera Roel. Por esa razón aceptaron a invitación da Editorial Galaxia de realizar un libro-disco dedicado ás súas Maxestades de Oriente.
Xa me tardan estes magos conta co mesmo formato que o seu anterior traballo editado por Galaxia Ola, ola, la!. Nesta obra Mamá Cabra pon música aos versos dos poetas Antón Cortizas, Gloria Sánchez e Antonio García Teijeiro. Tamén a propia Gloria Mosquera Roel se animou nesta ocasión a escribir algunhas letras. Segundo confesou en Radiofusión, aproveitou que é profesora de música para ir probando as novas composicións cos seus alumnos.
Os textos e as cancións mestúranse nesta obra coas ilustracións de Kristina Sabaite. O resultado final, aseguran, convídanos a “esperar con máis ilusión a chegada dos Magos”.