Mamá Cabra levará a súa música pedagóxica aos mais pequenos

Mamá Cabra levará a súa música pedagóxica aos mais pequenos

22 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O grupo de música infantil Mamá Cabra será o protagonista dun novo mércores do programa “Cultura Aberta”, organizado pola área de Cultura da Deputación Provincial, que dirixe Antón Bao. O concerto terá lugar, como é habitual, nos xardíns da Deputación en Lugo contra as 18.30 horas. A entrada será de balde.

A actuación de Mamá Cabra ten unha perspectiva particular, xa que o seu principal obxectivo é pedagóxico, propoñendo diferentes aprendizaxes a través da música. A participación dos nenos a través de xogos, a presentación dos instrumentos e os contidos das súas cancións, baseados no respecto ao medio ambiente ou no fomento da lectura, farán deste concerto algo mais que unha actividade ideal para o tempo de lecer.

Mamá Cabra é un grupo de música infantil formado por sete músicos que tocan a batería, a percusión tradicional, a frauta e a gaita, o baixo eléctrico e a voz. O espectáculo durará sobre 45 e 60 minutos e está dirixido, preferentemente, a nenos e nenas de 0 a 10 anos.

Cultura