Man Ray, o artista que revolucionou a fotografía da moda

Man Ray, o artista que revolucionou a fotografía da moda

20 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Ultimos dias da exposición sobre Man Ray nas sedes de Caixanova en Pontevedra e Ourense. A mostra ofrece unha coidada selección de obras, até agora dispersas por Estados Unidos e Europa, deste gran artista americano, que revolucionou a historia da arte no século pasado. A exposición, tanto na súa sede de Pontevedra como na de Ourense, permanecerá aberta ao público, con acceso libre e gratuíto, até o próximo domingo 25 de outub

O público galego poderá ainda gozar deste xeito de obras emblemáticas, fotografías, obxectos, debuxos, óleos ou ready-mades, dun artista que integra os movementos dadaísta e surrealista de ambos lados do Atlántico, e que mesmo hoxe impresiona coa súa vangarda provocadora.

As cento noventa pezas que conforman a exposición permiten un percorrido fascinante polos seus primeiros anos en París, de 1921 a 1940, os máis frutíferos como creador, nos que foi dadaísta, surrealista, fotógrafo mundano, innovador, creador de obxectos, pintor, cineasta, colaborador de distintas revistas e cronista de París.

 
Man Ray naceu en Filadelfia en 1890 e será no apaixonante Nova York de 1915 onde terá lugar o seu transcendental encontro cos tamén grandes da vangarda Duchamp e Picabia, artistas imprescindibles para explicar o dadaísmo e o surrealismo. Como fotógrafo de moda é sen dúbida o fotógrafo do glamour. Os seus modelos e cómplices son personaxes xa míticos como Poiret, Chanel ou Lanvin, Peggy Guggenheim, a vizcondesa de Noailles ou o seu amante Meret Oppenheim, ás que fai pousar xunto con obras de arte clásico ou de Giacometti, Brancusi ou Picasso. Sen o aspecto comercial que algúns lle impregnaban por ser fotografías de moda ou publicidade, a plástica do seu traballo será admirada en revistas como Vogue ou Bazaar.
Cultura