A Mancomunidade de Ordes solicitará á Xunta unha subvención para un curso de axentes de emprego

A Mancomunidade de Ordes solicitará á Xunta unha subvención para un curso de axentes de emprego

08 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

A mancomunidade de Ordes programa un curso de axentes de emprego e desenvolvemento local. Basearíase na formación destes profesionais que colaboran na implantación de políticas activas de emprego. O curso diríxese á creación de empresas, promotores de actividades, asesores de proxectos empresariais e, incluso, a prospectores de mercado. Os concellos que forman a mancomunidade de Ordes acordaron solicitar unha subvención á Xunta para poder levar

O pasado luns, no pleno ordinario do mes de outubro, a mancomunidade acordou, por unanimidade, pedir esta axuda á Consellaría de Traballo e Benestar. Segundo Pablo Quinteiro de Radio Ordes, sin esta axuda non se poderá desenvolver esta iniciativa de gran interese para a comarca dado o contexto de crise polo que se atravesa.

Sociedade