Manexar o computador

Fene abre a inscrición nos obradoiros gratuítos sobre o manexo do computador e móbil.
08 de Novembro, 2019 - 02:13 h. | Publicada por Radio Fene

Dirixidos preferentemente a mulleres, estarán impartidos polo INICE en colaboración co Concello de Fene e celebraranse do 20 ao 27 deste mes.

O Instituto de Investigacións Científicas e Ecolóxicas (INICE), en colaboración co Concello de Fene, impartirá un ano máis obradoiros sobre o manexo do computador e sobre o uso do teléfono móbil, totalmente gratuítos e dirixidos preferentemente a mulleres. Estes obradoiros terán lugar na aula de informática do concello, situada na Avda. de Naturais 44, entresollado dereita. Os obradoiros teñen unha duración de 12 horas e darán comezo o día 20 de novembro e finalizarán o 27 do mesmo mes, en quenda de mañá. Poderán participar todas as mulleres do concello sen límite de idade. Este programa está subvencionado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social. Para mais información ou inscricións pódese contactar co INICE no seguinte enderezo electrónico igualdadgalicia@inice.es ou no telefono 646385736.

(na imaxe, a mesma experiencia no 2018 na Liga de Amigos de Barallobre)

Institucional

Publica o teu comentario agora