Maniños convírtese nunha caixa de sorpresas

Maniños convírtese nunha caixa de sorpresas

16 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Maniños convertiráse nunha caixa de sorpresas a finais do presente mes de setembro. Tres corais competirán en calidade para articular unha música armoniosa. Nunha xornada histórica cantarán no Pote, a coral de Maniños, a de Valón (Ferrol) e a de Navalmoral de la Mata (Cáceres).

Un traballador da central nuclear de Almaraz que veranea en Maniños foi o nexo inicial que permitiu establecer os primeiros contactos. O CD da coral do Pote viaxou ata terras extremeñas, onde se decidiron a iniciar o intercambio. Angel Alvarez, da coral de Navalmoral de la Mata falou para Radiofusión desta localidade, nacida á beira de dous saltos, de dous pantanos. Hoxendia vive da central nuclear de Almaraz. A Coral Amigos de la Música de Navalmoral de la Mata en Cáceres actuará en Maniños (Fene A Coruña) o sábado 26 de setembro. Os músicos do Pote devolveranlle a visita o 21 de novembro.

Sociedade