ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A cita en Fene é coa coa virxe do Carme de Maniños, este domingo 12 de xullo. A virxe baixará ao peirao , acompañada da Banda Pasión de Ferrol. A procesión sairá ás 10,30 da mañá da igrexa e ás 11 a Coral do Pote cantará a misa no peirao, antes da procesión marítima e ofrenda floral polos falecidos no mar. A presidenta da comisión de festas, Mariela Aguilar, lembra que Maniños celebra o Carme
Rematada a parte litúrxica e de volta á igrexa parroquial, a rondalla Trovadores de Ares dedicará unhas pezas á virxe no adro. Coa Banda Pasión marcharán despois en dirección ao campo da festa. A procesión do Carme é a cita máis concurrida polos habitantes de Maniños, segundo palabras da presidenta da comisión de festas, Mariela Aguilar.
Ás dúas da tarde a orquestra Galilea tocará nas pezas do mediodía e, xunto co grupo Antha, animará tamén a verbena. A Sociedade O Pote ofrecerá a degustación de Ameixas á mariñeira, a partir das sete e media da tarde, no campo. A ración custará 8 euros e a botella de Alvariño 5.
Quen teña apetito antes, por exemplo mañá sabado, saiban que o CMI Unidade de Fene convídanos á súa sardiñada mañá ás 8 e media da tarde nas instalacións de San Paio. Servirán sardiñas con cachelos, pan e viño a prezos populares. E a música en vivo ponna Pereira.