Maniños tamén vive a Semana Santa

Maniños tamén vive a Semana Santa

15 de Abril, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Semana Santa Maniños - Fene- conserva os oficios tradicionais que dentro da igrexa son propios destas datas, pero tamén as saídas das procesións na noite de venres santo e a do domingo de Ramos que este ano foi “moi grande”, segundo palabras do secretario da Xunta parroquial, Jaime Fraga. Dende as 10 da mañá a xente xa collía sitio na igrexa vella para asistir á bendición dos ramos e as palmas. A procesión entre os dous

Queda agora a procesión de venres santo que preparan entre a xunta parroquial e a cofradía de Dolores. O cristo e a virxe de Dolores sairán en carroza sobre as 9 menos cuarto da noite do venres, adornada con luz e moitas flores, tal e como nos describe, Jaime fraga. O ano pasado non puido sair por culpa da choiva pero o anterior a carroza estivo adornada con 100 ducias de caraveis. Este ano sustitúense por cornetas. A banda de gaitas Ría de Ares, acompañará o paso procesional.

 

Unha vez remate a Semana Santa, a Xunta parroquial de Maniños xa estará volcada na preparación da igrexa para as primeiras comunions que celebran o domingo 1 de xuño. E despois virán o Corpus e o Carmen. A xunta parroquial colocou unha placa na porta da igrexa vella de Maniños en lembranza da restauración concluída do templo. Recoñeceu Fraga que lles queda pendente unha cousa, a restauración do retablo de San Pedro e San Roque para que necesitan permiso de Patrimonio por ser o máis antigo.

Sociedade