As manifestacións do 17M reclamarán máis galego para que o pobo teña futuro

As manifestacións do 17M reclamarán máis galego para que o pobo teña futuro

22 de Abril, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Galego, garantía de futuro é o lema escollido por Queremos Galego para as manifestacións en defensa da lingua galega que se desenvolverán o 17 de maio ás 12 do mediodía na Coruña, Ferrol, Foz, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, así como

Para os representantes de Queremos Galego, o actual goberno da Xunta actúa irresponsabelmente en relación ao noso idioma, lexislando contra el por primeira vez na historia, reducindo a súa presenza no ensino e o prohibíndoo para as matemáticas, a física, a química e a tecnoloxía, e ademais, segundo indicou Maceira, “por acción ou omisión, a Xunta néganos a posibilidade elemental de recibirmos, ou mesmo de optarmos polo galego no audiovisual, na dobraxe, no subtitulado de filmes e series, nos servizos de atención telefónica, na etiquetaxe, na educación infantil, na formación profesional a distancia ou na formación de adultos, na administración electrónica, na xustiza ou na saúde, nos xoguetes e xogos infantís e xuvenís, entre outros”.

A plataforma cidadá sostén que “a lingua galega non precisa propaganda. Precisa accións concretas a favor dela, aprobadas unanimemente hai 10 anos no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, que non só está sen activar senón que ademais toda a acción de goberno nos últimos seis anos foi na súa contra”. Para o tamén presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, “dá a sensación de que (o documento para o tecido económico) é un anuncio máis para rebaixar na práctica o contido do xa acordado por unanimidade en 2014, algo que non consentiremos”.

“Se o goberno galego realmente quixese comezar a traballar a favor do galego, comezaría por derrogar o decretazo do ensino, e deixaría de proscribir o termo “normalización” como está a facer, malia ser o termo empregado polo Estatuto, a Lei de Normalización Lingüística e o PXNLG. “Faino porque é un termo indicativo da vontade de actuar para que a lingua propia de Galiza teña unha desenvolvemento plenamente normal”, engadíu.

Queremos Galego fixo , por último, un chamado ao conxunto da sociedade a mobilizarse o 17 de maio, mais tamén nos días previos e a partir desa data.

Sociedade