Manquiña no Museo do Humor

Manquiña no Museo do Humor

07 de Novembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Museo do Humor de Fene naceu no 1984, e vai continuar celebrando o 30 aniversario, todolos venres do mes de novembro, cun ciclo de monólogos protagonizados polos humoristas galegos máis populares. Abre o cartel, o venres día 7, o actor Manuel Manquiña co monólogo “ Qué hacer con la gente molesta”.

Evaristo Calvo presenta o día 14 “O turista madrileño”. O día 21 estará Pepón Nieto. O luns 24 chegará Isabel Risco co seu espectáculo “Naviza Girl” e pecha o venres 28, Cía Viriscrón con “Sobre o desamor e outras mariconadas”.

A maiores dos monólogos, a finais de novembro, o Museo do Humor ofrece un obradoiro de elaboración de caricaturas, dirixido polo debuxante David Pintor, e unha exposición de caricaturas titulada “Pola cara”.

Os monólogos comezarán ás oito da tarde e as entradas, gratuítas, poden retirarse dende as catro na Casa da Cultura de Fene, o mesmo día do espectáculo.

Sociedade