Mantense o peche perimetral

Fene rexistra 73 casos de Covid19 e 134 contactos
04 de Novembro, 2020 - 01:16 h. | Publicada por Radio Fene

Segundo os últimos datos remitidos pola Consellería de Sanidade, os casos confirmados activos do brote por Covid-19 con residencia en Fene son de 73 casos e 134 contactos estreitos en seguimiento. Ferrol subiu onte martes aos 982 pacientes con infección activa, 28 más que o luns. Manénse o peche perimetral en Ferrol, Fene, Neda e Narón, de momento ata o venres.

Continúa vixente o peche perimetral dos concellos decretado o pasado venres e tamén as outras restricións que se activaron na medianoite do sábado. O comité clínico da Xunta decidiu manter as medidas preventivas polo menos até este venres, día no que se volverá reunir para revisar a situación e decidir se propón suspender parte delas, rebaixalas ou mesmo incrementalas. Segundo os últimos datos remitidos pola Consellería de Sanidade, os casos confirmados activos do brote por Covid-19 con residencia en Fene son de 73 casos e 134 contactos estreitos en seguimiento. Ferrol subiu onte martes aos 982 pacientes con infección activa, 28 más que o luns. De este modo, continúa o ascenso no efecto da pandemia aínda que con menor virulencia que nas xornadas anteriores. Ferrol, Narón, Fene e Pontedeume mantéñense en nivel 3 de alerta, o máximo entre os establecidos pola Xunta de Galicia. No vivel 2 están Meirás, Valdoviño e Ares. Pola súa parte, As Pontes, Cedeira, Neda e, agora tamén Mugardos, en nivel 1. Isto quere dicir que toda a ría de Ferrol ten algún tipo de alerta.

Desde o Concello de Fene pídese á veciñanza que se extremen as precaucións en canto a distanciamento interpersoal, hixiene de mans e respiratoria, ao tempo que se apela á responsabilidade individual para o cumprimento rigoroso das normas en vigor.

Recordatorio das normas

Non se pode saír nin entrar nos límites de Fene, Ferrol, Narón e Neda (a poboación dos catro concellos si pode moverse dentro do seu perímetro conxunto) salvo nos casos previstos na normativa.

Os grupos de persoas en espazos públicos e privados seguen limitados a un máximo de 5, sempre convivintes (salvo as excepcións previstas)

En bares e cafetarías prohíbese a atención no interior e nas terrazas non se poderá ocupar máis do 50% das mesas. Os grupos: máximo 5 persoas que han de ser convivintes

Restaurantes: 50% da capacidade nos servizos de comidas/ceas. Grupos máximos de 5 persoas/mesa e prohibición de usar a zona de barra. Comercio con limitación de aforos ao 50%.

Velorios: máximo 10 persoas en interior e 25 se é exterior.

Enterros: máximo 25 persoas entre familiares e achegadas.

Segue en vigor o toque de queda desde as 23.00 até as 06.00h., salvo nos casos previstos na normativa.

Recoméndase vacinarse contra a gripe.

(Na imaxe de Eva Mazás, terraza bar A Ponte, Fene)

 

Institucional

Publica o teu comentario agora