Manterse a flote

A curtametraxe realizada no IES de Fene proxéctase o dia 15 en Barallobre
09 de Xaneiro, 2019 - 10:11 h. | Publicada por Radio Fene

A proxeccción da curta " Manterse a flote" e o coloquio posterior coa xente implicada, farase no local da Liga de Amigos de Barallobre para o público en xeral.

A curtametraxe “Manterse a flote” proxéctase o martes da semana que ven, o dia 15, ás 16,30 horas no salón de actos da Liga de Amigos de Barallobre. Tras a proxección da curta iniciarase un coloquio no que participan a directora do IES Fene, María Nogareda; a profesora Eva Gondell para explical que é o Plan Proxecta; a Coordenadora de Cinema en curso no CGAI, Mónica García Iglesias; o Director do CGAI, Guillermo Escrigas, e o cineasta responsable dos obradoiros, Xacio Baño. Con el estará o alumnado coautor da curtametraxe e o colaborador de Navantia nas visitas ao estaleiro, Francisco García Pérez. Organizan esta proxección “Manterse a flote” e o correspondente coloquio, a Anpa do IES Fene e a Xunta de Galicia, coa colaboración de Navantia e a Deputación da Coruña.

Cinema en curso

O CGAI coordina no noso país o Cinema en curso, un programa de pedagoxía do cine en escolas e institutos que inicióu en 2005 a asociación A Bao A Qu en Cataluña e actualmente tamén se desenvolve en Galicia, Madrid, Euskadi, Arxentina, Chile e Alemania. Cinema en curso ten dous obxetivos prioritarios: formar público sensible e activo con interés e capacidade de disfrutar de manifestacions culturais e cinematográficas e desarrollar as potencialidades pedagóxicas da creación cinematográfica na escola e no instituto. O programa articulase a partir destes eixes principais:

A presencia regular de cineastas nos centros educativos, impartindo talleres xunto a mestres e profesores, dentro do horario lectivo.

O descubrimento do cine a partir dunha metodología que liga a práctica creativa co visionado de películas.

A formación dos mestres e profesores/as.

Co acompañamento das profesoras Eva Gondell, María Nogareda e do cineasta Xacio Baño, o proxecto " Manterse a flote" foi realizado no curso 2017-2018 por Samuel Aguiar González, Ismael Cancela Lamas, Geoffrey Johnathan Cardona Ramírez, Marcos Fernández González, David Freire Rodríguez, Sergio Leiras Sanjurjo, Francisco Manuel López Fernández, Carlos Lorenzo Fernández e Javier Lourido Lage.

Cultura

Publica o teu comentario agora