Manual da boa esposa

Manual da boa esposa
08 de Xaneiro, 2021 - 10:17 h. | Publicada por Radio Fene

Os Duplex Cinema siguen apostando polo cine europeo. Na carteleira está "Manual da boa esposa" de Martin Provost. O dia 15 chegan dúas películas feitas por mulleres, unha francesa e outra polaca.

Os Reis Magos deixaron nos Duplex Cinema un regalo en forma de comedia “Manual da boa esposa” de Martin Provost, protagonizada por Juliette Binoche. Aborda como cambia as conciencias o maio do 68, neste caso nunha escola para formar amas de casa. Está claro que o ímpeto contaxioso de 'Manual da boa esposa' non se reduce a unhas interpretacións graciosísimas. Se o novo filme de Martin Provost fascina tanto é, en definitiva, porque nos fala dun (vello) mundo que racha... para dar en algo mellor. Paulette Van Der Beck e o seu marido dirixen unha escola para amas de casa, onde forman a adolescentes para que se convertan nas esposas perfectas. Tras a repentina morte do seu esposo e a chegada do Maio do 68, Paulette comeza a cuestionarse as súas crenzas. Martin Provost naceu en Brest en 1957 e cuenta cunha longa e famosa carreira como actor no teatro francés. Na súa filmografía como director encóntranse títulos como Cocón (1992), “Tortilla y cinema” (1997) e “El vientre de Juliette” (2003). As tres últimas películas foron interpretadas pola actriz española Carmen Maura, amiga íntima do director.

Estreas

O próximo 15 de xaneiro os Duplex estrean dous filmes dirixidos por mulleres; a polaca Urszula Antoniak e a francesa, Caroline Vignal. A da primeira “ Mais alá das palabras” é unha apaixonada reflexión sobre as raíces e a integración. En 2017 amosouse no festival de Donostia, na sección oficial. É coñecida pola súa película, “Nothing Personal".

A segunda, “Vacacións contigo…e a túa muller” dirixida pola francesa Caroline Vignal, é unha comedia romántica, unha viaxe iniciática con paisaxes vastas e espectaculares; unha hilarante buddy movie entre unha muller e un burro. Amosouse na sección oficial de Cannes en 2020. Ten no seu haber películas ben recoñecidas como “Les Autres Filles” e "Antoinette dans les Cévennes”.

Cultura

Publica o teu comentario agora