Manuel Abad, director de Entre o ceo e a terra: “Ao facer este filme mudei de idea sobre a relación dos galegos co sexo"

Manuel Abad, director de Entre o ceo e a terra: “Ao facer este filme mudei de idea sobre a relación dos galegos co sexo"

04 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Baixo a etiqueta de “primeiro filme galego sobre sexo”, Teo Manuel Abad estreará en Cineuropa o documental Entre o ceo e a terra. A cinta dá a coñecer distintos proxectos que xiran arredor do erotismo: sex shops, locais de intercambio, iniciativas sociais ou restaurantes, entre outros. O propio director confésase “abraiado” pola enorme cantidade de propostas existentes, algo que, segundo asegura, mudou a súa opinión sobre o car&aacut

“Pensaba que Galicia era algo pacata, pero equivocábame”, afirmou Teo Manuel Abad en Radiofusiòn ao lembrar como naceu o proxecto. O primeiro en chamar a súa atención foi a celebración do primeiro Salón Erótico de Vilagarcía, así que decidiu coller a súa cámara, pórse a gravar e a recoller distintos testemuños, desde as palabras dos participantes ata as opinións do cura da vila. Ese foi o punto de partida dun percorrido por diferentes proxectos que os espectadores poderán ver por primeira vez no marco do festival Cineuropa de Santiago de Compostela.

Mentres dá os últimos retoques a montaxe de Entre o ceo e a terra, Teo Manuel Abad continúa a promoción do seu último documental, Flores tristes, no que recupera a memoria dos represaliados durante o Franquismo. O feito de que case coincidan no tempo dúas propostas tan diferentes significa, segundo o director, que “en Galicia existe un verdadeiro viveiro de ideas que cómpre aproveitar”.

Sociedade