Manuel Lourenzo González rende homenaxe á historia da ciencia en “Mundo Arb”

Manuel Lourenzo González rende homenaxe á historia da ciencia en “Mundo Arb”

01 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Contemplando un debuxo no que unha persoa camiñaba sobre as pólas dunha árbore Manuel Lourenzo González tivo a idea da que partiu Mundo Arb, obra coa que acaba de gañar o premio de literatura infantil e xuvenil O Barco de Vapor. Trátase, segundo contou o autor a Radiofusión, dunha novela de viaxe. Como todas as historia deste xénero, os protagonistas enfrontaranse a perigos, vivirán emocións e acumular&aac

Manuel Lourenzo González concibiu Mundo Arb como unha homenaxe á historia da ciencia, á “ansia de saber que temos todos os seres humanos”. A novela toca tamén outras temáticas, como a defensa da natureza, algo que salientou o xurado no seu fallo. Tamén valoraron especialmente o coidado no uso da linguaxe, algo que Lourenzo recoñece como “unha teima” ao longo da súa carreira.

 

Lourenzo acumula na súa traxectoria galardóns como o Xerais, o Merlín ou o García Barros. O premio O Barco de Vapor, que convoca a Fundación SM e está dotado con 6.000 euros, recíbeo como “un recoñecemento ao seu traballo”, pero non por iso vai deixar o seu posto como docente para dedicarse en exclusiva á escrita. “A literatura en galego, en xeral, non permite que se viva dela”, asegura.

Cultura