Manuel María na túa voz

Manuel María na túa voz

20 de Abril, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

Cidades e vilas de Galiza celebrarán ao redor do día 23, Día do Libro, lecturas públicas da obra de Manuel María. A Fundación Manuel María convida ás galegas e galegos a que asistan nas súas localidades a esta homenaxe pública, popular e literaria a Manuel María. A Coruña, Vigo, Lugo, Ferrol, Santiago de Compostela,Pontevedra, Xinzo de Limia, Lalín, Carballo, Betanzos, Vilalba, Outeiro de Rei, Carral, Ortigueira,

Á espera de que máis localidades vaian confirmando a hora das súas lecturas públicas, que nalgúns lugares irán acompañadas de música, proxeccións, pequenas representacións...., a Fundación Manuel María anima e convida ás galegas e galegos a que asistan a estes actos, organizados por Concellos, Bibliotecas Municipais, entidades culturais..., quer como público, quer lendo ou recitando algún dos poemas ou textos da prolífica e polifacética obra creativa do escritor chairego.

Alén do evento físico, a Fundación Manuel María convida a aquelas persoas que queiran, sobre todo a aquelas galegas e galegos que moran en localidades onde non se desenvolve esta actividade ou residan fóra da Galiza, a que fagan a súa particular homenaxe a Manuel María e partillen na páxina web da fundación (http://www.casamuseomanuelmaria.gal/manuel-maria-na-tua-voz/subir-video.htm) un video de elaboración propia no que lean ou reciten un poema ou un pequeno fragmento dunha peza teatral, dun artigo xornalístico ou dunha obra narrativa de non máis de un minuto e quince segundos.

Sociedade