Manuel Trevín é o campión galego de Slalom

En Fene, non había público pero si 4000 seguidores da retransmisión
30 de Novembro, 2020 - 02:09 h. | Publicada por Radio Fene

Manuel Trevín fíxose co campionato galego de Slalom o sabado 28 na proba celebrada no polígono de Vilar do Colo en Fene.

ESCOITA O PODCAST:

O campionato Galego de Slalom celebróu a sua última prueba do 2020, ano no que só se poideron celebrar dúas citas das planificadas no calendario, Guitiriz e Fene, por culpa da pandemia da COVID 19. Non houbo público o sabado pasado en Vilar do Colo porque non podía habelo, pero preto de 4000 persoas seguiron a través de streaming o Slalom de Fene, segundo nos informa Edgar Vigo, presidente da escudería Scartch Fene, organizadora do evento.

Non houbo sorpresas na clasificación. Con esta victoria Manuel Trevín co seu 205 fáise co Campionato Galego de Slalom. Diego González Castro de Moeche quedou segundo e Rubén Gandoy Piñeiro, de Automovilística Ferrol, fixo a terceira posición. Marcos Prieto foi o mellor clasificazdo (12) da escudería Scratch Fene. Rubén Pico Meizoso acadou a praza 16; Carlos Domínguez Amenedo (18) e Laura Rañal (21).

Non deu tmpo a contar aínda os kilos de alimentos que se xuntaron para a Cociña Económica pero, en palabras de Vigo, foron moitos.Agora só queda agardae que a situación sanitaria mellore para encamiñar o mellor posible os encontros do 2021. De entrada as primeira sprobas virían no entroido, en Febreiro.A incógnita está servida.

 

(Na imaxe, o podium do Slalom de Fene, celebrado o sabado 28 de novembro)

Deportes

Publica o teu comentario agora