María e Manuel Lorenzo gañan o Premio Xerais 2012

María e Manuel Lorenzo gañan o Premio Xerais 2012

09 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

María Lorenzo Miguens e Manuel Lorenzo Baleirón (pai e filla) lograron o Premio Xerais de novela coa obra Tonas de laranxa presentada baixo o lema "Pouso de Arcai". O lírico, o onírico e o simbólico conxúganse nun libro moi pulido que recrea un espazo imaxinario con persoaxes curiosos, fabulosos e entrañabeis, segundo salientou o xurado. O poeta Eusebio Lorenzo inspirounos para realizar esta obra, afirmou o escritor galardo

Premio Merlín

Marcos Sánchez Calveiro gañou o Premio Merlín de literatura infantil coa súa obra "Palabras de auga". A novela narra as peripecias dun xove swahili e o autor fai un impecable retrato do ser humano, cunha viaxe ao interior da persoa e polo continente africán. "Teño palabras de escarnio e de mal dizer para os que nos mal gobernan, e para os que pensan que a educación é un gasto e non unha inversión" indicou o escritor premiado, despois dunhas emocionadas palabras adicadas á súa familia.

Alusións ao rei

"Eu non creo que exista aventura nunha cazata onde o tigre non ten oportunidade ningunha de papar ao cazador. Mesmo se ás veces o elefante se arrepón e truca, crebando un óso" manifestou a escritora Marilar Aleixandre no seu discurso lido no acto de Edicións Xerais. A literata convocou ao público "a ler libros que arden, a escribir libros que prendan lume".

Máis de douscentos homes e mulleres da cultura, achegáronse á illa de San Simón, nun dia atlántico, segundo asegurou o músico Xurxo Souto. Afirmou a presentadora do acto, a directora comercial da editorial, Celia Torres, "Sen o público lector, Xerais non tería razón de ser".

Cultura