Mar convoca axudas para o sector transformador e comercializador

Mar convoca axudas para o sector transformador e comercializador

30 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A Consellería do Mar pretende, unha vez máis, dar un impulso ás empresas que invistan en transformación e comercialización en Galicia con axudas por importe de 30 millóns de euros en total para o sector transformador e comercializador. O departamento que dirixe Rosa Quintana  persegue, a través da orde que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia, potenciar a competitividade no sector procesador galego, promovendo así o desenvolvemento econ&oacute

Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares de establecementos de transformación ou comercialización de produtos de pesca, marisqueo e acuicultura xa existentes en Galicia e aquelas que establezan novos centros na nosa comunidade. As axudas aos investimentos limitaranse ás microempresas, ás pequenas e medianas empresas e ás empresas con menos de 750 empregados ou cun volume de negocios inferior a 200 millóns de euros.

Son obxecto destas subvencións os investimentos que redunden na mellora das condicións de traballo e na mellora e o seguimento das condicións hixiénicas e de saúde pública ou da calidade dos produtos. As actuacións encamiñadas á produción de produtos de alta calidade para mercados altamente especializados, á redución do impacto negativo do ambiente, a unha mellor utilización de especies pouco aproveitadas, subprodutos e residuos e á comercialización de produtos procedentes esencialmente dos desembarques locais e da acuicultura tamén son obxectivo de estas axudas, así como a produción ou comercialización de novos produtos, a aplicación de novas tecnoloxías ou o desenvolvemento de métodos innovadores de produción ou comercialización.

O importe total, 30 millóns de euros, distribuirase en tres anualidades, ata o 2013 e as subvencións contarán co financiamento do Fondo Europeo da Pesca  nun 61%. A porcentaxe máxima de contribución pública das axudas será igual o menor ao 60% do total dos gastos subvencionables. Para empresas quen non teñan a consideración de microempresas, pequenas ou medianas, e que teñan menos de 750 empregados ou un volume de negocios inferior a 200 millóns de euros, a contribución pública será dun máximo dun 30%. O prazo de presentación de solicitudes será ata o día 31 de xaneiro de 2011. 

Institucional