Mar de fondo

Mar de fondo, Regaña albanesa e Dim sum de liscos, mar multiplicado por tres na cafetería Friends
18 de Outubro, 2018 - 01:34 h. | Publicada por Radio Fene

As tres tapas da cafetería Friends, na Avenida de Conces,8, levan peixe ou marisco. Na cociña, contanos Cristina, botan man das algas, as grandes descoñecidas, para elaborar as súas propostas.

ESCOITA O PODCAST:

Na cafetería Friends do edificio os soportais, preparan nada menos que tres tapas diferentes, todas elas con moito sabor a mar e moita creatividade, Dim sum de liscos, Regaña albanesa e Mar de fondo. Como no resto dos locais participantes en Un mar de tapas, empezarán a servirse ás 13 horas do venres. É a última fin de semana e Cristina agarda cando menos o mesmo éxito da anterior. Hai tempo. Quen non empezara aínda pode poñerse ao día probando a razón de catro tapas diarias e unha de propina. Os venres e sabados podese facer ao mediodía e á noite.

Sociedade

Publica o teu comentario agora