Maragota, algo máis que unha ludoteca

Maragota, algo máis que unha ludoteca

12 de Decembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A maragota é un peixe, pero tamén é unha sociedade cooperativa posta en marcha por 5 mulleres en San Sadurniño. Queren ser moito máis que unha ludoteca, un lugar de xogo, un centro de ocio. Ofrecen servizos para a xuventude de máis de 60 anos, animacións, organización de festas e obradoiros e actividades extraescolares.

Unha escola infantil atende a nenos e nenas de 0 a 3 anos. Unha ludoteca ocúpase das idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos, segundo Silvia Dominguez, da cooperativa Maragota.
A cooperativa Maragota encargaráse da animación para pequenos e pequenas na Xornada moteira solidaria que Os Fojeteiros organizan para o vindeiro sábado en Narón. Organizarán obradoiros de trenzas, maquillaxe, malabares e globoflexia dende as catro e media da tarde na Praza de Galicia. Encárganse ademais das actividades de multideporte, patinaxe e madrugadores no colexio San Isidro de Neda. Atenden na Avenida Marques de Figueroa, 22 de San Sadurniño e tamén na páxina web maragota.org.

Sociedade