Marca Fene

Fene Vivo Dous presentouse na tarde de onte ao movemento asociativo.
28 de Novembro, 2019 - 10:57 h. | Publicada por Radio Fene

Fene Vivo ten en conta o comercio local, a hostelaría, a riqueza mariñeira, a cultura indiana, os recursos naturais, o potencial asociativo.

ESCOITA O PODCAST:

Oito de cada dez persoas preguntan nas oficinas de turismo "qué ruta podo facer ou qué podo visitar". Para satisfacer esa demanda, o proxecto Fene Vivo Dous intentará potenciar a marca Fene, o comercio local e o mundo do mar. A cultura indiana pode xogar un papel importante na diferenciación da oferta de Fene. Intentaráse traballar na posta en valor dos recursos naturais, na criación de produto turístico e na catalogación de todos os recursos.

O xerente de Fene Vivo, Manuel Pan, falaba xa na primeira edición, en decembro do 2017, da enorme actividade que se percibe en Fene. O importe total do proxecto ascende a 100.000 euros. Conta Fene cunha subvención da Unión Europea e da Xunta de Galicia. O concello aportará 10.000 euros. Fene Vivo Dous presentouse na tarde de onte ao movemento asociativo.

Institucional

Publica o teu comentario agora