A Marcha Ciclonudista deixa unha estela de naturalidade no centro da Coruña

A Marcha Ciclonudista deixa unha estela de naturalidade no centro da Coruña

13 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Á sombra do Obelisco, no corazón do coruñesismo, dúas mulleres de idade venerable collidas da man interrompen o seu paseo ante un balbordo de chifres e asubíos. De súpeto, un pequeno pelotón de ciclistas rodéaas e, para pasmo xeneralizado da improvisada audiencia, comezan a espirse. Un dos nudistas, xenitais ao aire, require a axuda de dúas mulleres que rapidamente saen do seu asombro. Coa destreza que só as mans femininas te&nti

É a terceira ocasión na que os ciclonudistas toman as rúas herculinas e fano simultaneamente con outras cidades de todo o Estado e atendendo a unha convocatoria planetaria que conmemora a VI Marcha Mundial do Ciclonudismo. Pedaleando sen armadura téxtil reivindican que os nosos corpos son as nosas carrocerías e que os ciclistas precisan un espazo de seu e protexido entre o tráfico da cidade.

Porén, como nos contaba Fran García, un dos animadores da coincidencia organizada de ciclousuarios Masa Crítica, o pelotón espido da Coruña ten outra demanda: a do dereito á libre indumentaria. Antes de sacar a roupa, instrúenos: “O nudismo non é unha provocación. Forma parte do dereito de todos a vestir como queiras, mesmo sen roupa. Se vas espido pola rúa non te poden deter porque non é escándalo público. O único requisito é que non vaias excitado nin en actitude de excitar, sobre todo perante os rapaces e os discapacitados psíquicos”, explica.

Unha trintena de homes e mulleres espidos total ou parcialmente botaron a pedalear ás doce e media da mañá dende a praza de María Pita, seguindo unha ruta, que se a nubrada xornada coruñesa non o estraga, pensan culminar cun xantar nunha praia sen determinar.

Sociedade