Marcha de coches en Nigrán contra a vía que ameaza con partir en dous o municipio

Marcha de coches en Nigrán contra a vía que ameaza con partir en dous o municipio

20 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Medio centenar de familias do municipio pontevedrés de Nigrán seguen sumando apoios na súa particular loita contra o trazado dunha vía de alta capacidade denominada "Balsa-Saiáns-Porto do Molle - Xunqueira" que figura no PXOM de Nigrán aprobado inicialmente o pasado mes de xuño. O trazado afecta a máis de 30 vivendas e medio centenar de propiedades, sen que medie até o momento xustificación técnica e económica

Os afectados sospeitas a existencia de comenencias nos promotores políticos da vía, xa que o PXOM devalúa a clasificación do solo das propiedades por onde pasa o trazado para reducir as contías das indemnizacións no caso de expropiacións. Piden o cumprimento dos compromisos acadados por toda a corporación no ano 2010, así como o uso da infraestruturas existentes e a mellora no servizo de transporte público como alternativas ao trazado dunha nova autovía. Os veciños de Nigrán  están a levar a cabo unha recollida de sinaturas e tamén de apoios na plataforma de internet change.org.

Sociedade