Marchan a bó ritmo as obras da piscina cuberta climatizada de Franza

Marchan a bó ritmo as obras da piscina cuberta climatizada de Franza

06 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Diputación da Coruña financia con 1,5 millóns de euros a piscina cuberta climatizada dos concellos de Ares e Mugardos, que se está construíndo na zona de Franza. O presidente da institución provincial, Salvador Fernández Moreda, acompañado dos alcaldes de Ares e Mugardos, Julio Iglesias, e José Fernández Barcia, interesouse esta mañá pola execución das obras, podendo constatar que os traballos desenvólvense a

O proxecto da piscina cuberta climatizada para uso dos veciños de ambos concellos se articula a través dun convenio de colaboración subscrito pola Diputación da Coruña, que, a tenor do reflectido no mesmo, financia case o 91 por cento do orzamento da nova instalación deportiva cunha achega global de 1,5 millóns de euros.

O proxecto da piscina foi redactado pola arquitecta Mercedes Hermida e responde a un deseño funcional que combina o formigón coa madeira e o vidro, con amplas zona acristaladas. O vaso da piscina ten unhas dimensións de 25 x 12,5 metros, e o edificio contará nas súas instalacións con placas solares para o aproveitamiento desta enerxía para a auga sanitaria das duchas e servizos. O inmoble contará tamén con salas de fisioterapia, ximnasio, sauna, vestuarios e outros servizos anexos. A súa distribución persegue, segundo a arquitecta Mercedes Hermida, a optimización dos espazos para ofertar un mellor servizo aos usuarios das instalacións.

Sociedade