Marcos Samaniego, arquitecto: “Xa conseguimos os primeiros apoios para restaurar o mural de Lugrís na Coruña”

Marcos Samaniego, arquitecto: “Xa conseguimos os primeiros apoios para restaurar o mural de Lugrís na Coruña”

05 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Definicións tales como “unha das mellores obras do surrealismo español” , “un punto de atracción turística” ou “un símbolo da cidade da Coruña” recibe un mural de Urbano Lugrís exposto no Café Vecchio, na rúa real da urbe herculina. O obra, que representa a relación do mar cos seus habitantes a través dunha paisaxe onírica, atópase deteriorada, o que motivou a un grupo de profesiona

Persoas a título individual foron as primeiras en pórse en contacto co estudio Más Arquitectura, que coordina o proxecto presentado, para ofrecer o seu apoio económico. Tamén houbo contactos positivos con algunhas empresas, mentres que as negociacións coas administracións aínda se están a producir, contou Samaniego, quen confía en que a restauración será unha realidade.

O proxecto presentado divídese en dúas partes. Na primeira, acometerase a limpeza dos 9 metros de pintura, afectados por unha mancha homoxénea provocada polo paso do tempo e os fumes. Posteriormente, trataranse outras deficiencias detectadas, como fisuras ou perda de policromía. Na segunda parte do plan intervirán os arquitectos. Prevese o desecamento do muro sobre o que se asenta a obra para mitigar os efectos das sales e a a colocación dunha mampara de metacrilato para protexer a representación do mar pintada por Lugrís.

Sociedade