A Mariña con ampla presencia en Fitur

A Mariña con ampla presencia en Fitur

20 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

Fitur, a feira de turismo máis importante que se celebra no territorio español celébrase esta semana en Madrid. A pesar da crise, unha ampla representación de alcaldes e concelleiros, así como empresarios e representantes de asociacións de hostaleiros da comarca non quixeron perderse a xornada inaugural. A Mariña ocupa unha parte do espazo que o pavillón de TurGalicia dedica aos catorce geodestinos que forman parte do programa de promoción tur&i

Dende a xornada inaugural da Feira, que foi o pasado día 18 de xaneiro unha ampla delegación de representantes da Mariña estiveron presentes no espazo de TurGalicia para apoiar as propostas turísticas ca comarca e da provincia de Lugo. Algunhas das interesantes propostas que se presentaron son a guía “E para comer Lugo” da Asociación de Empresarios de Hostalería de Lugo e os paquetes turísticos da Asociación de Turismo Rural da Mariña, ATURMAR.
A proposta dos hostaleiros lucenses é resaltar as excelencias gastronómicas da provincia lucense, deixando claro que se trata de produtos naturais e de primeira calidade, así como dar a coñecer tódalas zonas de Lugo ó gran público. Pola súa banda, ATURMAR presentou os paquetes turísticos para a comarca da Mariña que inclúen aloxamento e actividades durante todo o ano. As propostas xiran en torno á artesanía, a gastronomía, o deporte na natureza e o sector agrograndeiro.

O alcalde de Barreiros e presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfonso Fuente, confía que a feira deixe os seus froitos. «Vai ser unha boa feira. O turismo é un sector con tirón e de aquí pódese sacar un bó resultado para A Mariña lucense». Javier Castiñeira, alcalde de Foz sinalou pola súa banda que  «Somos un destino turístico agradable, con moitas posibilidades, alcanzable e económico, e hai que mover a comarca en conxunto». O alcalde de Burela, José María González Barcia considera que «nestes momentos de crise é cando hai que apostar, dentro do que cabe, por ir facéndose un sitio non sector turístico».
Hoxe mesmo acudía ademais varios representantes da Mariña a recoller os distintivos Q de Calidade Turística que se lle concederon ás praias de Area e Covas en Viveiro; á de Illas- Os Castros e o Clube Náutico de Ribadeo e á praia da Rapadoira en Foz.

Sociedade