Mariam gostou da praia

Mariam retorna ao Sahara este venres con outros pequenos saharauis.
02 de Setembro, 2019 - 01:25 h. | Publicada por Radio Fene

Chega setembro e a comarca despide aos nenos e nenas do Sahara que pasaron aquí as vacacións con familias durante dous meses. Unicamente unha nena, Mariam, pasou as vacacións en paz cunha familia de Fene. As 12 da mañá foi recibida na Casa do Concello de Fene polo alcalde, quen lle fixo entrega dun agasallo como recordo da súa estancia en Fene.

ESCOITA O PODCAST:

Mariam pasou dous meses do verán cunha familia en Barallobre. Unha nena de dez anos que se leva esta experiencia e uns agasallos na mochila no seu retorno ao Sahara. A praia é o que máis chamou a súa atención. Quedalle unha semana, ata o venres para poder darse o último baño. Son arredor de 300 nenos e nenas dos campamentos os que veñen a Galicia na actualidade grazas á xenerosidade das familias que os acollen durante dous meses. Pero chegaron a ser 800. A delegada de Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, Maite Martínez, afirmou que a crise influiu nas Vacacións en Paz pero empeza a remontar o número de nenos e nenas que veñen a Galicia no verán.

 

Tanto as familias como os concellos despidennos con agarimo e con agasallos. Marian leva unha mochila cargada de material escolar e deportivo que lle entregaron os representantes municipais de Fene. Pero tamén institucións como o Racing de Ferrol ou o Mugardos agasallaronnos con equipacións que vestirán a nenos e neas do sahara coas súas cores. Maite Martínez declarou a Radio fene que "España ten unha débeda con eles". Mariam posou coa bandeira do seu país no salón de plenos de Fene esta mañá. Que teña boa viaxe de volta o venres.

Institucional

Publica o teu comentario agora