Mario Nodar: “Necesitamos conservar o patrimonio”

Mario Nodar: “Necesitamos conservar o patrimonio”

14 de Outubro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fue en ese cine ¿te acuerdas? En una mañana al este del edén, James Dean tiraba piedras a una casa blanca, entonces te besé” A canción de Luis Eduardo Aute situanos no cine como un dos lugares onde máis dunha xeneración coñeceu o amor, tanto na pantalla como no patio de butacas. O Adriano proxectou películas entre 1947 e 1972 en Barallobre pero dende aquela resistiu e esforzouse por manterse en pé.

Segundo Mario Nodar, “o venres trátase de cambiar o cine Adriano, para que volva a ser o que foi, poñelo en valor para ter un futuro”. “O Adriano pode ter un futuro e a xente de Fene e Ferrolterra debe implicarse na reivindicación dun patrimonio que necesitamos conservar”.
O pasado luns pintouse a porta do cine co obxectivo “de ensinarlle ao mundo que o cine   está presente e pode resplandecer de novo porque espazos como ese quedan poucos e a sociedade necesita conservar a memoria”. O venres, ás sete e media da tarde presentaráse na Casa da Cultura de Fene o catálogo da exposición fotográfica “Adriano, sesión contínua”. As nove da noite no patio de butacas do Adriano daráse a coñecer a plataforma “Adriano, para todos os públicos”.

Cultura