Marisol Soneira (PSdeG): “Feijóo aniquilou todas as medidas de protección dos mariñeiros”

Marisol Soneira (PSdeG): “Feijóo aniquilou todas as medidas de protección dos mariñeiros”

24 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira defendeu hoxe unha interpelación sobre a renuncia da Xunta ao asinamento do contrato do seguro colectivo de accidentes do mar.A portavoz de Pesca asevera que desde o 1 de outubro “un goberno de burócratas, presidido por Feijoo, e sen unha pinga de sensibilidade optou por aforrar de onde non debía”. Advirte que o Goberno do Partido Popular optou por aniquilar unha das medidas de protecci&oa

A deputada socialista denunciou que desde o pasado 1 de outubro 30.000 homes e mulleres que traballan no mar carecen da protección dun seguro de accidentes que estaba en vigor dende os anos noventa. Asegura tamén que desde o pasado 1 de outubro ningún mariñeiro galego enrolado en flotas doutras comunidades autónomas ou de países terceiros ten cubertos uns mínimos en caso de accidente ou falecemento, como contemplaba o seguro de accidentes vixente ate esa data. E tampouco, ningunha mariscadora, ningún percebeiro, ningún bateeiro, ningún membro de Cruz Roxa que participe no rescate dun naufraxio ou dun desaparecido (Caión), ten cuberto os accidentes e os perigos que a súa profesión leva adheridos. 

Pola contra advirte que a Consellería do Mar gasta, cada cuadrimestre, esa mesma cantidade en convenios con medios de comunicación, ou en construír unha goleta para darlle gusto a un amigo. 

Así as cousas Soneira asevera que dende o 1 de outubro, ningunha persoa que se dedique a actividade pesqueira e marisqueira está cuberta por ningún seguro de accidentes e tampouco poden acceder a ningún tipo de subvención. 

A deputada tamén se referiu á supresión do seguro de mal tempo e afirmou que a Conselleira do Mar “xogou cos mariñeiros á ruleta rusa”. E cualificou a xestión da Xunta neste asunto como “unha vendedora de seguros mala”, xa que tratou de agochar algunhas cláusulas. E preguntoulle porque non dixo que a póliza milagreira leva implícita unha franquicia de mil euros?. Ou porque porqué non dixo que hai empresas que ofertan o mesmo con franquicias de 500 euros? .

Institucional