Martiño Noriega, candidato a alcalde de Santiago de Compostela

Martiño Noriega, candidato a alcalde de Santiago de Compostela

11 de Marzo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O coportavoz de Anova e alcalde de Teo, Martiño Noriega, confirmou a súa participación nas primarias para ser o candidato de Compostela Aberta á alcaldía de Santiago. Militantes destacados do PSdeG PSOE de Santiago de Compostela teñenlle trasladado nos últimos días a Noriega o seu respaldo á súa candidatura.

Na lista provisional que a formación difundiu esta tarde, Noriega figura de feito como o único dos seus 24 integrantes ao que se lle outorga a condición de «aspirante á alcaldía», o que confirmaría que deu este paso co aval de ser o candidato de consenso das distintas sensibilidades representadas en Compostela Aberta.

Esta era unha das condicións que na contorna de Noriega apuntaban como claves para que accedese a optar á alcaldía. A formación ten previsto dar unha rolda de prensa mañá para explicar os pormenores do proceso.

Sociedade