Maruxa Mallo vaise de Vigo

Maruxa Mallo vaise de Vigo

06 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A pintora Maruxa Mallo vaise de Vigo. Este domingo féchase a exposición antolóxica na Fundación Caixa Galicia da cidade olívica. Trátase da maior e máis exhaustiva retrospectiva da gran transgresora da xeración do 27.

Mallo non é só unha pintora surrealista. A súa obra é máis complexa, transitando desde a perfección técnica da súa etapa formativa, ata o colorismo de obras como "As verbenas" ou "O carro". Recupérase a unha artista moi persoal, traballadora e estudosa. Naceu o 5 de xaneiro de 1902 en Viveiro.

Cultura