A mascarilla non é factíble nun deporte intenso

A mascarilla non é factible nun deporte intenso como é o fútbol
05 de Outubro, 2020 - 11:33 h. | Publicada por Radio Fene

O novo delegado da Federación Galega de Fútbol en Ferrol, Abraham Yáñez, ten que facer frente ao revés que comporta a situación sanitaria causada pola Covid19. A este respecto declara que o fútbol forma parte da sociedade e ten que adaptarse como todo o mundo.

ESCOITA O PODCAST:

Hai unha semana produciuse un cambio na delegación ferrolá da Federación Galega de Fútbol. Abraham Yáñez substitúe no cargo a Manolo Mesa. Realmente a adaptación está a ser moi doada porque o novo delegado ten dez anos de experiencia, era secretario xunto a Mesa e coñece a rutina do ente federativo e a todos os clubs. Da delegación feferrolá dependen os clubs afeccionados de 2ª autonómica e as categorías de base de ámbito local.

A situación provocada pola Covid19 fai desta unha temporada moi complexa pero, afirma Yáñez, “O fútbol forma parte da sociedade e polo seu ben debe adaptarse á situación”. Manifesta o novo delegado que están a expensas da Xunta de Galicia. A federación fai a súa formulación pero están pendentes de que se aprobe un protocololo.

Abraham Yáñez é claro á hora de falar das mascarillas. “Non é factible. Ningún club as quere. Non son médico pero fun xogador e non é funcional para un deporte intenso”. Pon a hipótese de que chova nun partido como é tan habitual aquí. Cantas máscaras serían necesarias para usar nun partido?.

A pregunta que se fai todo o mundo é cando empezará a temporada. Neste punto hai opinións diversas. Se todos os clubs quixeran empezar, empezaríamos pero “en Galicia hai moitas opinións diversas, todas respectables”. As próximas semanas serán claves. Mesmo a Consellería Xeral do Deporte aprobe o protocolo para deportes con contacto físico, haberá que deixar catro ou cinco semanas como período de preparación antes de iniciar a competición.

As PCRs son outro aspecto non menor. Explica o delegado ferrolán que o documento publicado fala doutras probas, os test serolóxicos. As preguntas serían, quen os fai e quen os abona? Agora andan polos 5 ou 6 € unidade pero hai o custo adicional que conleva a súa operatividade. A federación ten un servizo de mutualidade propia pero un volume de 70.000 licencias. “Os médicos non darían feito” afirma Yáñez quen se amosa moi fachendoso coa aposta polo fútbol feminino que comezou coa liga de fútbol 8, sendo moi criticada. Ra-zoa que unha muller non tiña onde xogar porque para fútbol 11 tiña que ter unhas condicións determinadas. “Con esta liga conseguimos achegar ás mulleres á práctica do fútbol e “hoxe descubrimos que a aposta foi boa”.

Deportes

Publica o teu comentario agora