Matou vostede a alguén algunha vez, en Galicia ou en Asturias?

Matou vostede a alguén algunha vez, en Galicia ou en Asturias?
26 de Xaneiro, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A pregunta de Sánchez Pereiro a Xabier, o irmán do finado, non obtén resposta. Resumo dos Capítulos 29 a 33 do Podcast Madriña, dirixido por Eugenia Sanmartín, con guión de Antonio Tizón e música de Antón Ramos.

ESCOITA O PODCAST:

A pescuda do investigador sobre o asasinato de Ramiro Gallego segue adiante paseniño. Gustavo presenta, diante dun público fascinado, o seu proxecto de música, imaxe e poesía, que vai chamar “Non hai espellos nos manicomios”. 

“No interior do manicomio hai unha limpadora simpática, que fai tamén labores de secretaria, e sempre que nos ve mirando as paredes baleiras, sorrí e nos pregunta: por que non hai espellos no interior do manicomio?”



Fotografía: XanXe

 

Cultura

Publica o teu comentario agora