Mayumaná nas rúas da Coruña

Mayumaná nas rúas da Coruña

22 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A compañía israelí Mayumaná ofrece esta tarde na Coruña un adianto do espectáculo “Momentum” que presenta en Galicia dentro do programa do Xacobeo 2010.

Son once artistas de diferentes nacionalidades e distintas disciplinas artísticas: musica, teatro, danza, percusión Chegan co novo espectáculo para actuar en Vigo dende o mércores 24 ata o domingo 28. As entradas póden adquirirse a través da web do Xacobeo ou na páxina servinova. com.

Para abrir boca Mayumaná realizará unha performance esta tarde na Coruña. Consistirá nunha batucada, que sairá da FNAC ás 18 horas, para seguir polas ruas asombrando ao público. É un adianto da presentación de "Momentum" na Coruña programada nesta cidade para o 11, 12 e 13 de marzo.

Sociedade