Media TeGa e o Partido Galeguista reclaman para si o nacionalismo de centro

Media TeGa e o Partido Galeguista reclaman para si o nacionalismo de centro

17 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Claro que dende entón aconteceron moitas cousas, como o cisma no seo de Tega, que con ese nome dálle abeiro á candidatura do ex alcalde de Narón Xoan Gato, pero ao que tampouco renuncian os discrepantes na dirección. Á fronte deles está o edil da vila coruñesa de Cedeira, Xermán Tobío, agora número 1 de Máis Galicia. En declaracións a Radiofusión defende un lugar de seu para a súa forza, o que corresponde, dixo, a un “nacionalismo de centro”. A alianza da metade de Terra Galega co Partido Galeguista que relanzou Manoel Soto, ex alcalde de Vigo, non foi unha medida urxida pola necesidade, senón algo meditado dende hai tempo.

 

Máis Galicia presenta listas en todas as provincias agás Ourense. O seu líder aposta por unha campaña próxima á xente e os seus obxectivos, “realistas por ser unha forza debutante”, segundo Xermán Tobío pasarían por obter un ou dous deputados no Parlamento galego.

 

 

Sociedade