Medición da tensión arterial

Medición da tensión arterial
26 de Febreiro, 2024 - 11:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Barallobre ten un tempo de espera ata unha nova "medición da tensión arterial" que terá lugar o mércores co partido Vilarmaior- Eume B, que estaba marcado inicialmente para onte domingo pero que se aprazou polas malas condicións que presentaba o terreo de xogo. O partido disputarase o mércores 28 de febreiro ás oito e media da tarde no campo da Gándara de Pontedeume.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co adestrador do Barallobre Borja Mesa:

http://173.255.131.18/audio/260224MESA.mp3

Fotografia Xan Xe

O Barallobre agarda polo resultado dese partido, xa que del depende en boa medida, as súas posibilidades de meterse na fase de ascenso. Na actualidade o equipo do Ramo é terceiro con 40 puntos. O Eume é cuarto -pero cun partido menos- empatado a trinta e oito puntos co Cariño na quinta posición. A segunda e a terceira praza dan dereito a pasar á fase de ascenso. Na última xornada da fase, o Barallobre recibe ao Narón O Freixo, o Eume B xoga co Moeche, o Cebarca co Vilarmaior e o Cariño co  Mandiá.  Onte domingo, Moeche 0 - 3 Barallobre.
 

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora