Medidas económicas fronte á crise

Medidas económicas fronte á crise
06 de Abril, 2020 - 12:17 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene aplica medidas económicas para paliar os problemas das pemes e autónomos do ámbito local. Juventino Trigo pide á poboación que siga cumprindo coas medidas especiais da alarma sanitaria. 

ESCOITA O PODCAST:

O concello de Fene estuda a maneira de axudar a pemes e autónomos, así como aos cidadáns, para superar a situación de peche dos negocios e en xeral os problemas económicos xenerados pola crise do Covid19. Trátase de minimizar o seu impacto e ir pensando nas medidas que se poden tomar desde o dia despois. Para iso, o alcalde Juventino Trigo, sinalou algunas das medidas económicas que se están adoptando xa por parte do ente municipal. O concello negociou coa empresa adxudicataria da auga para que se garanta o suministro e non se corte por falta de pago. Viaqua tamén se prestou a demorar os pagos dos recibos, de 60 a 90 dias, sen recargo. A área de Formación e Emprego está a realizar un estudo de cal é a situación de cada unha das empresas que actúan no ámbito local, cantas están pechadas ou presentaron ERTES, etc. A Mancomunidade está a estudar bonificacións nos impostos municipais, de xeito coordenado. Tamén se estudan posibles medidas a aplicar o día despois de que remate esta crise. Juventino Trigo agarda que, unha vez pase isto, “Navantia sexa o motor da comarca e dea un impulso forte á nosa economía”.

O alcalde fenés referiuse tamén á boa aceptación que tivo esta fin de semana a proposta cultural #fenequedanacasa, “para facer máis doado o confinamento e crear comunidade en tempos de illamento”. As preocupación de Juventino Trigo, a día de hoxe luns 6 de abril, pasan por estar `pendentes de recibir un novo pedido de EPIS destinado ao persoal do propio concello e das empresas que traballan para el, como a de axuda a domicilio, ou para reparir entre o colectivo dos taxistas, residencias de maiores, etc. Tamén preocupa ter preparado técnicamente o sistema que permita celebrar os plenos ou as comisión informativas telemáticamente, para que siga coa maior normalidade posible a vida política municipal. E a terceira preocupación máis acuciante para o máximo representate do concello de Fene é a seguridade e atención ás persoas máis vulnerables. Juventino Trigo pide á xente que siga cumprindo coas medidas especiais que veñen de prorrogarse ata finais de abril. Quixo transmitir “moito ánimo porque disto imos sair e volverá a normalidade. Imos polo bo camiño”.

Institucional

Publica o teu comentario agora