Medio Ambiente garante no Parlamento a calidade das augas do enchido da mina das Pontes

Medio Ambiente garante no Parlamento a calidade das augas do enchido da mina das Pontes

11 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

A presidenta de Augas de Galicia, Ethel Vázquez garantiu esta mañá a calidade das augas do enchido da mina das Pontes. Esta afirmación está baseada nos resultados dos informes presentados pola empresa Endesa, entidade responsable do enchido, correspondentes aos anos 2008 e 2009. Vázquez explicou que as analíticas dos puntos de control das augas de aporte ao lago, -o punto situado no encoro de Ribeira-, amosan unha situación normal, con valores e par&aa

Ethel Vázquez informou que hai un Plan de Vixilancia Ambiental, que establece controis de calidade das augas, tanto nas augas superficiais como nas subterráneas, ao igual que as frecuencias de mostraxe e os puntos de control. No caso das augas superficiais fanse con frecuencia trimestral en puntos situados nas diferentes cuncas de aporte de auga ao lago, no ubicado no Encoro de A Ribeira e en puntos distribuídos homoxeneamente ao longo do lago, efectuando a mostraxe a un metro de profundidade dende superficie. Así mesmo, con frecuencia semestral, analízanse as augas de entrada e de saída dos 8 humedais que se construíron como “filtros verdes” para mellorar a calidade das augas de entrada ao lago.

As augas subterráneas analízanse con carácter semestral na rede de 11 piezómetros da que dispoñen, tanto en augas arriba, abaixo e nos arredores do lago. Deste xeito, pódense comparar os resultados e avaliar a influencia do proxecto de enchido do oco da mina sobre a calidade do acuífero.

Sociedade