Medio Rural abónalles a máis de 12.200 gandeiros un anticipo da prima por vacas nutrices por valor de 11 millóns de euros

Medio Rural abónalles a máis de 12.200 gandeiros un anticipo da prima por vacas nutrices por valor de 11 millóns de euros

25 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Consellaría do Medio Rural, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), transferiu, nos últimos días, o anticipo da prima por vaca nutriz. 12.194 gandeiros foron os beneficiados desta acción, que ten un importe total de 11.119.291 euros. Os produtores lucenses, 6.269, recibiron máis da metade do investimento total, xa que obtiveron primas por valor de 6.931.574, cifras que signific

Este anticipo corresponde ao 60% do importe total da axuda por vaca nutriz con dereitos de prima solicitada en 2008, o máximo que permite anticipar a normativa europea e estatal. O 40% restante abonaráselles aos gandeiros, xunto con outras axudas do gando vacún de carne (prima por sacrificio, prima adicional por vaca nutriz e pagamento adicional por vacún de calidade), antes do 30 de xuño de 2009, unha vez fixados polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño os importes por cabeza correspondentes á campaña de 2008. Estes importes son calculados en función dos animais con dereito a prima en todas as Comunidades Autónomas e dos límites orzamentarios establecidos para o Estado Español.

As axudas de vacas nutrices para a campaña 2009, que serán abonadas en 2010, xa se poden solicitar, tendo de prazo ata o vindeiro 30 de abril. Estas axudas pódense solicitar xunto coas restantes incluídas na solicitude unificada da PAC 2009, a través das entidades colaboradoras (entidades financeiras, cooperativas, sindicatos agrarios e entidades de aconsellamento) que teñen asinado un convenio para esta finalidade co Fondo Galego de Garantía Agraria.

Gracias á aplicación da simplificación na xestión das primas por sacrificio, na solicitude unificada da PAC 2009 debe incluírse tamén a petición da prima por sacrificio de gando vacún polos animais que se sacrifiquen en 2009 e cumpran as condicións de acordo coas bases de datos da administración, evitando así a presentación de varias solicitudes ao longo do ano despois do sacrificio dos animais, como ocorría nas campañas anteriores.

En palabras do director xeral do FOGGA, Edelmiro López Iglesias, “este adianto en máis de tres meses sobre a data normal de pagamento contribuirá a mellorar a liquidez das explotacións gandeiras, e vén dar continuidade á medida que xa se aplicou o pasado ano.

Sociedade