Medio Rural afirma que non hai danos na lagoa da Frouxeira

Medio Rural afirma que non hai danos na lagoa da Frouxeira

21 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A intervención sobre a lagoa da Frouxeira, no concello coruñés de Valdoviño, “non causou dano significativo ningún sobre o estado de conservación dos hábitats e especies deste senlleiro espazo natural”. A Consellaría do Medio Rural sae ao paso das acusacións dos ecoloxistas que denunciaron un “atentado ecolóxico” contra o humidal protexido e as especies ameazadas que nel toman refuxio. A Xunta asegura que só

A Consellaría de Medio Rural considera “unha falacia” que o baleirado tradicional que, presuntamente, realizaban algúns veciños da zona foxe mellor que a actuación determinada pola Administración. En calquera caso, a Xunta reparte responsabilidades. Sinala que foi o propio Concello de Valdoviño quen solicitou a apertura da lagoa e teima en que na Frouxeira xa se está a rexenerar o nivel habitual de auga.

Sociedade