Medio Rural asina convenios na Baña

Medio Rural asina convenios na Baña

24 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez Casado, asinou hoxe cos alcaldes de 14 concellos da provincia da Coruña os convenios sobre Proxectos Estratéxicos de Infraestructuras no Medio Rural (PEIM Rural) 2009-2010, por un importe total de máís de un millón de euros. Os municipios asinantes neste acto –que tivo lugar na casa consistorial de A Baña– foron os de A Baña, Carballo, Cerceda, Coristanco, A Laracha, Mesía, Ordes, Oroso, Ou

O obxectivo fundamental destes convenios é dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuír a arranxar as deficiencias que persisten en determinadas áreas rurais de Galicia. O importe total dos catorce convenios asinados hoxe ascende a 1.286.148,19 euros procedentes de fondos estatais do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño (MMARM), que son xestionados pola Comunidade Autónoma. Nos PEIM Rural 2009-2010 colaboran este Ministerio e a Consellería do Medio Rural co fin de levar a cabo actuacións de desenvolvemento rural e establecer un marco xeral de cooperación en materia de infraestruturas.

Obxecto e actuacións

O MMARM, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible do Medio Rural, comprometeuse a realizar intervencións relativas a camiños agrícolas e pistas rurais por un importe máximo de 18 millóns de euros. Pola súa parte, a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, realizou actuacións de infraestrutura rural por un importe máximo de 9 millóns de euros; estas accións xa foron pechadas e asinadas cos pertinentes concellos. Na seguinte táboa indícase o presuposto para cada concello, dos asinantes hoxe:

CONCELLO    PRESUPOSTO
Baña, A    92.337,17 €
Carballo    89.552,39 €
Cerceda    96.371,43 €
Coristanco    89.434,20 €
Laracha, A    85.442,98 €
Mesía    93.235,13 €
Ordes    89.999,99 €
Oroso    89.998,76 €
Outes    102.137,13 €
Santa Comba    89.726,67 €
Tordoia    93.979,66 €
Touro     91.049,73 €
Trazo    89.713,34 €
Val do Dubra    93.169,61 €
TOTAL    1.286.148,19 €

Sociedade