Medio século facendo teatro

Medio século facendo teatro
03 de Xuño, 2020 - 10:13 h. | Publicada por Radio Fene

A sociedade Agarimo de Sillobre quixera recuperar, entre outras actividades suspendidas, a estrea do grupo de teatro da sociedade que cumple medio século neste ano 2020.

ESCOITA O PODCAST:

“Teño a sorte de ser un aldeán. Ter un anaco de terra transmite tranquilidade”. Así define o seu confinamento o presidente de Agarimo, José Sardiña. "Sillobre está ao ralentí", en palabras do presidente que ve certo medo a un posible rebrote e polo tanto a sociedade tamén está á espera de ver como evoluciona a crise sanitaria. Unha crise que se levou por diante en Agarimo a celebración das Letras Galegas e con ela a suspensión das actuacións da Coral Agarimo e do grupo de teatro que sempre estrea polo mes de maio. O grupo de teatro cumpre en 2020, 50 anos ininterrompidos de representacións e de momento o aniversario está pendente de celebrar. “A ver se para o último cuadrimestre do ano se pode retomar” afirma esperanzado José Sardiña a quen lle gustaría, cando menos, recuperar as actuacións da coral, o teatro e a camiñada pola parroquia que tamén se viran obrigados a suspender. A cafetería da sociedade Agarimo abriu as súas portas cando entramos na fase dúas da alarma sanitaria, contando con dúas mesas na terraza e o 40% do aforo no interior pero a afluencia é moderada, explica Sardiña. O horario de apertura púxose de 8.30h a 15h e de 18 a 22h. Sillobre é unha parroquia que vive intensamente a festa da patroa Santa Mariña e a de San Ramón. De feito, nos últimos anos, unha comisión de festas formada por xente nova tomou o relevo para organizar os festexos, pero este ano todo está parado, segundo o presidente de Agarimo que di non ter escoitado nada.

 

(Na imaxe, de esquerda a dereita, Francisco Fernández Vázquez e José Sardiña, directivos de Agarimo, cando en 2019 a sociedade celebrou os 50 anos)

Cultura

Publica o teu comentario agora